|
A
NOSA ORIXE
Aló polo ano 1988 un grupo de mestres coincidimos nun
curso de Educación musical organizado polo Concello de Santiago.
Non se falaba aínda da educación musical como un
área diferencida dentro do curriculum e sempre estaba supeditada á
boa vontade de cada docente. Pero había xente que entendiamos que
a música tiña que estar presente na educación como un dos mellores
medios de comunicación e expresión.
A nosa sorte foi atoparnos alí con Mª Jesús Herrera
Ruíz, Susa, profesora da Escola de Formación do Profesorado de
Pontevedra, que soubo ilusionarnos e engancharnos a este proxecto...
e ata hoxe.
Continuamos asistindo e organizando distintas
actividades de formación (cursos, seminarios, xornadas...) ata que
no ano 1996 nos constituimos como
Asociación Pedagóxico-Cultural Soutullo
Ademais dos cursos anuais de pedagoxía musical con
Susa, temos organizado outros monográficos de construción de
instrumentos, instrumental Orf, técnica vocal, folclore galego e
audicións comentadas a cargo de Tomás Rábanos, Ramón Bermejo, Xanana
Salgado e Rafael Esteve.

|