| |
|
|
|
|
| |
|
|
OS
NOSOS SOCIOS |
|
|
DEREITOS |
|
DEBERES |
|
FAITE SOCIO |
|
|
Esta Asociación está integrada por profesionais da
Educación Musical, Infantil, Primaria e Secundaria que previamente
participaron en cursos, cursiños ou seminarios permanentes
organizados pola propia asociación.
Poderán ser integrantes da asociación todas as
persoas físicas con capacidade de obrar e as persoas xurídicas, tras
o acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes
coa asociación.
|
|
DEREITOS
DOS SOCIOS
Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
-
Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno
e representación, exercer o dereito de voto, así
como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos Estatutos.
-
Ser informado da composición dos órganos de goberno
e representación da asociación, do seu estado de contas e do
desenvolvemento da súa actividade.
-
Ser oído con carácter previo á adopción de medidas
disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar
ás ditas medidas, debendo motivarse o acorde que, no seu caso,
impoña a sanción.
-
Impugnar os acordos dos órganos da asociación que
estime contrarios á Lei ou ós estatutos.
Os
asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da
asociación nin nos órganos de representación desta, estando
facultados para asistir ás asembleas xerais con voz pero sen voto.
 |
|
DEBERES
DOS SOCIOS
Son
obrigas dos asociados e asociadas:
-
Compartir as finalidades da asociación e colaborar
para a súa consecución.
-
Pagar as cotas que se establezan
-
Desempeñar os cargos para os que foron elexidos
-
Acatar e cumplir os acordos validamente adoptados
polos órganos de goberno e representación da asociación
-
Acatar o contido dos estatutos
-
Ter
unha boa conduta individual e cívica
 |
|
FAITE SOCIO
Se queres facerte socio desta entidade,
tan só tes que cubrir a
ficha de inscrición e enviala por correo electrónico a
soutullo@soutullo.org.
 |
|
|
|
| |
|
|
|
|
|